InicioPolíticaDespedida masiva a unha alcaldesa que deixou pegada en Lugo a pesar...

Despedida masiva a unha alcaldesa que deixou pegada en Lugo a pesar de levar pouco máis dun ano

O goberno local non tomará ningunha decisión sobre a sucesión da alcaldesa ata finalizar o loito oficial, este martes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo pechou a última hora desta mañá de luns as portas do salón de plenos, onde se instalou o libro de condolencias pola morte da alcaldesa, Paula Alvarellos, acaecida na mañá do sábado tras non poder superar unha crise cardíaca.

Centos de persoas achegáronse durante estes tres días ata o Concello para ofrecer o último adeus á que foi alcaldesa durante o último ano, tras suceder a Lara Méndez, que deixou o cargo para presentarse xunto a José Ramón Gómez Besteiro ás eleccións galegas. Foi unha cola interminable de persoas de todas as idades e condicións, que esperaron pacientemente durante as horas que estivo aberto para poder escribir a súa dedicatoria a Alvarellos e dar o pésame aos membros da Corporación, que estiveron permanentemente no concello.

Este non será o último adeus que se dará á alcaldesa Alvarellos, xa que o vindeiro luns, 10 de marzo, ás 12.00 horas, oficiarase unha misa institucional no seu recordo, na Catedral de Santa María. A cerimonia, prevista para esta tarde tamén nesta sede, ás 17.30 horas, terá carácter privado, destinada a unha despedida íntima da familia, aínda que estará aberta para a cidadanía. A inhumación tamén se acordou que se fixese na intimidade, por expreso desexo da súa familia.

Pola súa banda, o Concello de Lugo tamén anunciou que celebrará un acto civil de homenaxe a Alvarellos, aínda que aínda se descoñece a data e o lugar onde se levará a cabo. Desta forma, a cidade di adeus a unha alcaldesa que deixa un recordo indeleble a nivel persoal, xa que é lembrada como “próxima, sempre alegre e moi traballadora”. A súa perda foi lamentada por todo a cidade, independente da súa cor política.

LOITO OFICIAL

A Corporación uniuse na dor e así permaneceu durante este tres días de loito oficial, que terminarán este martes ao mediodía, en xornada festiva para Lugo. Na tarde do sábado, centos de persoas asistiron ao minuto de silencio convocado ante a Casa consistorial, diante do palco colocado para o concurso de disfraces, festas que foron suspendidas tamén en sinal de duelo.

O delegado do Goberno, Pedro Blanco; o presidente da Deputación, José Tomé; o delegado da Xunta, Javier Arias; ou a conselleira de medio rural, María José Gómez, foron algunhas das autoridades que acompañaron á Corporación neste momento, que acabou cun longo aplauso. Entre os asistentes, alcaldes e alcaldesas de todos os partidos, antigos membros do Goberno local ou políticos históricos como o exministro José Blanco, achegáronse a dar o pésame nestas primeiras horas. Entre os asistentes, alcaldes e alcaldesas de todos os partidos, antigos membros do Goberno local ou políticos históricos como o exministro José Blanco, achegáronse a dar o pésame nestas primeiras horas.

Os que non puideron achegarse tamén enviaron as súas condolencias doutro xeito ou a través das redes sociais, entre eles o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ou varios ministros como Óscar Puente ou Pilar Alegría. Quen si asistiu ao Concello o domingo foi o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto a representantes do mundo da política e da sociedade civil tanto da provincia como de Galicia, entre eles alcaldes e alcaldesas das principais cidades galegas.

DESMAIO ANTES DO COMEZO DO PREGÓN DO ENTROIDO

Paula Alvarellos sufriu un desmaio na tarde do venres, xusto antes de comezar o pregón do Entroido, no mesmo lugar onde se concentraron os veciños na noite seguinte. Nun primeiro momento, foi atendida por compañeiros da Corporación que son médicos e que se atopaban presentes, pero ao final foi trasladada ao HULA en ambulancia. No centro hospitalario lucense informouse de que tivera un infarto e durante a noite foi trasladada ao CHUAC en previsión dunha intervención cirúrxica complicada. Aínda que entrou en quirófano dúas veces, non puido superar a crise e faleceu na mañá do sábado.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Declaración nos xulgados de Lugo dos oito detidos nas protestas en La Vuelta contra Israel

O oito lucenses detidos no Corgo polas protestas durante a celebración da Vuelta compareceron...