InicioSucesosMorre a alcaldesa de Lugo dun infarto antes do pregón do Entroido

Morre a alcaldesa de Lugo dun infarto antes do pregón do Entroido

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, morreu na mañá deste sábado despois do infarto sufrido na noite do venres, segundo confirman a Europa Press fontes do PSdeG-PSOE.

A rexedora lucense, de 62 anos, acudiu xunto co resto da corporación ao pregón da Praza Maior, pero instantes antes de que comezase o pregón, sufriu un desmaio. Foi atendida por unha médico que se atopaba preto dela.

Foi trasladada de urxencia ao HULA e, de alí, tras comprobar a severidade das súas feridas, ao CHUAC onde faleceu a primeiras horas deste sábado.
Lugo Xornal e Galicia Confidencial publicaban o xoves e venres unha longa entrevista coa alcaldesa na que falaba dos seus proxectos para a cidade de Lugo e a súa boa relación co equipo de goberno, tanto do PSdeG como do BNG.
+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...