InicioSociedadeXulgan a un administrador concursal que se apropiou indebidamente de 112.800 euros...

Xulgan a un administrador concursal que se apropiou indebidamente de 112.800 euros da sociedade

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo fixou para o vindeiro martes, día 4, o xuízo contra un administrador concursal acusado de apropiarse indebidamente de 112.800 euros da sociedade da que fora designado administrador.

Segundo recolle o escrito fiscal, os feitos remóntanse a 2011, cando o home foi nomeado administrador concursal dunha mercantil no seu procedemento de concurso abreviado, un labor que desempeñou ata o seu cesamento en 2021. Para este labor, foron acordados uns honorarios que ascendían a 23.170,15 euros, que corresponderían a 2.317 euros mensuais o seis primeiros meses e 1.158 o resto do período.

Con todo, o home, aproveitando o acceso que lle daba a súa condición, realizou reiterados pagos no seu favor entre os anos 2012 e 2017, por importe de 149.875 euros, “que exceden con moito dos honorarios que lle corresponderían”, dado que suporían “oito anos de salario”. En consecuencia, Fiscalía estima que cobrou indebidamente 112.893,16 euros.

Por iso, considera ao acusado autor dun delito continuado de apropiación indebida, polo que pide cinco anos e sete meses de prisión, multa e a devolución do importe cobrado indebidamente á masa concursal da sociedade.

ÚLTIMAS

Un cento de tractores toman Lugo contra o acordo UE-Mercosur e alertan da “desaparición” do sector primario

Un centenar de tractores percorreron este luns as rúas de Lugo para secundar a...

Rueda reta ao BNG a non facilitar a presidencia da Deputación de Lugo ao PSOE

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, retou ao BNG...

A defensa do asasino de Cristina Cabo solicita ao TSXG rebaixar a condena a homicidio e furto

A defensa do home de orixe colombiana condenado por matar á lucense Cristina Cabo...

Morren dúas persoas nun accidente de tráfico entre un camión e un turismo en Lugo

Dúas persoas faleceron este luns nun accidente de tráfico entre un camión e un...