InicioLugo e contornaOs senadores do PP por Lugo defenden as 159 iniciativas presentadas en...

Os senadores do PP por Lugo defenden as 159 iniciativas presentadas en 2024, co sector rural ou Alcoa no foco

Reivindicaron a mellora das infraestruturas ou o apoio a sectores como o gandeiro, na súa loita contra o lobo, ou a rebaixa do IVE para barbarías e traballadores do mar

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano mantiveron unha reunión coa presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, para facer un balance da actividade desenvolvida durante o ano pasado, no que presentaron un total de 159 iniciativas no Senado, entre preguntas con resposta escrita, en Pleno ou en Comisión, mocións en Pleno ou en Comisión e interpelacións.

Ademais, no último semestre do ano, contabilizaron unha vintena de reunións con colectivos –alcaldes e portavoces, gandeiros, comité de Alcoa e empresarios–, visitas e outras accións en distintos concellos –Abadín, A Pastoriza, Cervo, Foz, Lourenzá, Palas de Rei, Pedrafita, Rábade, Sarria e O Valadouro–, ademais da propia cidade de Lugo.

Centraron a súa mirada os senadores na reivindicación da mellora das infraestruturas -tanto en autovías, estradas nacionais e a súa iluminación, como na liña ferroviaria, a alta velocidade ou o Corredor Atlántico- “fronte á discriminación que sofre a nosa provincia por parte do Goberno de Sánchez”. Preocupa aos senadores lucenses a situación industrial, en participar a de Alcoa e Altri.

Por temas, os senadores diferenciaron tres bloques: asuntos relacionados coa provincia, temas relacións coa cidade de Lugo ou asuntos de interese xeral para os españois. E entre estes temas tamén destacaron a defensa do gandeiro ante “a protección do lobo e a desprotección da gandaría” ou aos empresarios que precisan máis chan industrial a prezos competitivos, a rebaixa do IVE en sectores do mar e as barbarías, entre outros.

A presidenta Candia destacou o “compromiso” do PP de Lugo cos lucenses, “a coordinación do traballo e a implicación “cos asuntos que interesan aos lucenses e que afectan o noso territorio”.

ÚLTIMAS

O TSXG revisa este luns o recurso do condenado polo asasinato de Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este luns a vista de...

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...

Renfe establece un plan alternativo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo pola rotura da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no concello...

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...