InicioSucesosAuxilian a un menor que ameazaba con lanzarse do adarve da muralla...

Auxilian a un menor que ameazaba con lanzarse do adarve da muralla de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo interviñeron o pasado mércores para evitar que un menor se lanzase desde o adarve da Muralla, segundo informaron fontes policiais. Así, durante a mañá do mércores o 092 recibiu un aviso para acudir á Muralla, porque unha persoa parecía ter intención de suicidarse. Unha dotación dirixiuse de inmediato á zona e, durante o traxecto, contactou co número de teléfono facilitado, que resultou ser da persoa que se atopaba no alto da Muralla, un menor que trasladaba a súa intención de lanzarse ao baleiro.

Os axentes estableceron conversación con el, tentando acougalo ata a súa chegada, que se produciu en poucos minutos. Ao chegar, os policías atopáronse ao mozo no adarve da Muralla e fixéronse cargo del, contactando cos proxenitores. Os pais acudiron de inmediato e acompañaron ao menor a un centro hospitalario, onde foi trasladado en ambulancia. En principio e, aparentemente, segundo informou a Policía, o menor non presentaba ningunha lesión.

Por outra banda, a Policía Local de Lugo informou tamén dun roubo con forza cometido no almacén dunha empresa na noite do pasado mércores ao xoves. Trátase dun local que, segundo testemuñas, tiña unha porta cara a rúa Sil.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...