InicioEconomíaO Concello de Lugo eleva a 47 as prazas na oferta de...

O Concello de Lugo eleva a 47 as prazas na oferta de emprego público

A publicación das bases de selección do sarxento de bombeiros e dous arquitectos forma parte de catro ofertas de emprego público para un total de 114 incorporacións

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno do Concello de Lugo aprobou as bases de selección para a praza de sarxento de bombeiros e dúas prazas de arquitectura. Con este engadido, as ofertas de emprego público da capital lucense reúnen 47 prazas convocadas tralas negociacións coas centrais sindicais.

Aprobadas as bases de selección, resta publicar as mesmas nos boletíns oficiais (BOP, DOG e BOE) para que se inicie o prazo de presentación; a lista provisional de admitidos e a convocatoria de exames aparecerán no Boletín Oficial da Provincia. Das 47 prazas convocadas, actualmente 41 contan con tribunais cualificadores, polo que as probas son inminentes. 

Contando coas catro quendas desta lexislatura, a oferta pública de emprego lanzada polo goberno local suporá un considerable reforzo da plantilla municipal. En total, contémplanse 114 incorporacións, dos cales un corenta por cento son de promoción interna, e o resto libres. O concelleiro Daniel Piñeiro asegurou en repetidas ocasións que os pronunciamentos xudiciais non afectarán ás OPE de 2016 e 2017, que irán correxidas na nova Relación de Postos de Traballo.

O máximo legal

Os corpos de seguridade concentran o groso da oferta pública de emprego, con dezaoito axentes da Policía Local e dezanove bombeiros cos que arrostrar o avellentamento e as inminentes xubilacións. Outras prazas están vencelladas a políticas sociais, urbanismo, enxeñaría, brigadas, informática e administración.

Fontes do consistorio subliñan que a alcaldía aproveitou o máximo de postos que permite a lei nas catro OPE, restrinxida na lexislación aprobada en 2012 polo executivo central, e que limitaba as prazas á cobertura das xubilacións do ano anterior.

Ademais das tres prazas mencionadas, o equipo de Lara Méndez aprobou na xunta de goberno o nomeamento de dous policías locais, así como as bases do proceso selectivo para a elaboración de dúas listas de cobertura de traballo social, unha de persoal laboral e outra de interinos.

Protestas no Concello contra a nova RPT por “inxusta”

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...