InicioSucesosDesactivada a alerta meteorolóxica por néboa na provincia de Lugo

Desactivada a alerta meteorolóxica por néboa na provincia de Lugo

Este mércores, a presenza de néboa na provincia de Lugo esixe precaucións, aínda que a Axencia Estatal de Meteoroloxía descarta a alerta

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo amenceu este mércores con aviso por néboa por parte da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), mais o risco remitiu durante a mañá e a alerta está desactivada. Así as cousas, a presenza deste fenómeno atmosférico obriga a precaucións pola combinación con temperaturas mínimas en negativo.

En todo o terzo norte peninsular, os ceos estarán nubrados tendendo a pouco nubrados, en contraste co resto de zonas marcadas pola dinámica do anticiclón. As temperaturas diúrnas estarán en descenso en gran parte da Península, máis acusado cara o interior, onde pode ser localmente notable.

Este mércores, en municipios con altitude maior a 900 metros, os valores mínimos corresponderon a Navia de Suarna (-3,3ºC) e Baleira (-2,1ºC). No aninovo, a mínima rexistrouse en Guitiriz (-3,6ºC).

Contra o xoves, a Aemet mantén avisos amarelos por frío na faixa central da meseta e por ondas na costa coruñesa. Para a fin de semana agárdanse poucos cambios na situación meteorolóxica, pois o máis probable é que continúe o tempo estable en todo o país.

+ posts

ÚLTIMAS

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...