InicioSucesosRedadas en bares de Lugo rematan con 65 indentificados e a incautación...

Redadas en bares de Lugo rematan con 65 indentificados e a incautación de diferentes tipos de droga

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os axentes do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio de Lugo, nun operativo conxunto coa Policía Nacional, levaron a cabo inspecciones en varios locais de lecer nocturno e de hostalaría da cidade durante este fin de semana nos que identificaron a un total de 65 persoas e incautaron diferentes tipos de droga.

En concreto, durante a noite do venres ao sábado inspeccionaron dous locais de lecer nocturno no centro da cidade, onde identificaron a 35 persoas e levantaron cinco actas de denuncia con incautación de cocaína, marihuana, haxix e MDMA.

Ademais, nun dos locais detectaron que o controlador de accesos carecía da acreditación perceptiva da Xunta, así como irregularidades no referente á seguridade e hixiene do establecemento e que se permitía sacar consumicións ao exterior do local. No segundo establecemento, tamén notificaron que o controlador de accesos carecía da acreditación perceptiva da Xunta e irregularidades no referente á seguridade e hixiene. Doutra banda, detectaron obstrucións en corredores e zonas de uso común con obstáculos e que carecía dos carteis relativos á existencia de cámaras de videovigilancia.

Do mesmo xeito, durante a mañá do domingo, inspeccionáronse dous locais da zona norte da cidade, nos que se identificou a 30 persoas. Así mesmo, nun dos locais atopábase xente fumando no interior, carecía de carteis coa información relativa ao establecemento e non acreditaba concertar o seguro de responsabilidade civil. Tamén detectaron estas carencias no segundo dos locais inspeccionados, no que tampouco dispuñan de follas de reclamacións.

SEGURIDADE VIARIA

Por outra banda, os axentes da Policía Local lucense denunciaron catro infraccións relacionadas con alcoholemia ao volante durante este fin de semana.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...