InicioSucesosDetida unha parella en Lugo por subtraer o cartón ao avó dela...

Detida unha parella en Lugo por subtraer o cartón ao avó dela e retirar case 12.000 euros

Os feitos foron denunciados na Comisaría da Policía Nacional. En concreto, o denunciante informou á Policía de diferentes cargos na súa conta bancaria que el non realizara

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, detiveron a unha parella (muller e home), por estafa.

Os feitos foron denunciados na Comisaría da Policía Nacional. En concreto, o denunciante informou á Policía de diferentes cargos na súa conta bancaria que el non realizara.

Tras a investigación e comprobacións correspondentes por parte dos policías encargados da investigación púidose determinar que se retirou o diñeiro da conta mediante o uso dun cartón bancario en diferentes sucursais da provincia.

Seguindo o fío da investigación, os axentes determinaron que os autores son a neta da vítima e a súa parella, que co cartón bancario, que previamente subtraeran ao avó, retirarían de diferentes caixeiros da provincia case 12.000 euros.

Por todo iso, procedeuse á súa detención e posta a disposición xudicial como autores dun delito de estafa.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...