InicioMedioambiente e PatrimonioRescatan un raposo atrapado nunha xanela nun edificio de Lugo

Rescatan un raposo atrapado nunha xanela nun edificio de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo, en colaboración co servizo de Bombeiros, rescataron a un raposo que se atopaba atrapado no bordo dunha xanela. A intervención tivo lugar na mañá do pasado sábado, cando o 092 recibiu un aviso para acudir a un edificio da rúa Augas Férreas, pola presenza deste animal nunha das xanelas do inmoble.

Ao lugar acudiu tamén un axente ambiental e unha dotación de bombeiros que, co lazo da dotación policial, lograron rescatar san e salvo ao raposo. Por outra banda, mentres estaba despregado este dispositivo, dous individuos que circulaban nun coche por esa rúa detiveron o vehículo en dobre fila e baixáronse para facer fotos do rescate desde o medio da calzada.

Cando foron requiridos polos axentes para que se apartasen cara á beirarrúa, os individuos responderon de forma irrespetuosa, con expresións como “porque tes uniforme, que se non…” ou “estes novatos pensan que se van a comer o mundo“. Por estes feitos, os axentes pedíronlles a súa documentación para identificalos e foron propostos para sanción por infracción á lei de protección da seguridade cidadá, por falta da debida consideración e respecto a un axente da autoridade.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

Detido por agresión a un policía nacional no campo Anxo Carro

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron o pasado fin de semana a un...

Investigada por furtar presuntamente 800 euros dunha carteira esquecida nunha gasolineira en Castro de Rei

A Garda Civil investiga a unha muller como presunta autora dun delito de furto,...