InicioLugo e contornaLugoDenuncian que a Xunta non dispón de vacinas en plena campaña contra...

Denuncian que a Xunta non dispón de vacinas en plena campaña contra a gripe

Cidadáns lucenses puxéronse en contacto co PSOE na Provincia de Lugo para alertar da situación na que se atopan centros de saúde como o de Fingoi, na capital lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Veciños da provincia puxéronse en contacto co PSOE na Provincia de Lugo para denunciar que a Xunta de Galicia xa non ofrece vacinas contra a gripe cando estamos en plena campaña antigripal, pois iniciouse o 22 de outubro e finaliza mañá, 28 de decembro.

Segundo informa o PSdeG nun comunicado, na tarde deste xoves varios cidadáns tiñan cita no Centro de Saúde de Fingoi, na capital lucense, onde non puideron ser vacinados porque só había vacinas para persoas maiores de 75 anos. Ante esta situación, os profesionais deste centro sanitario tentaron facerse con novas vacinas poñéndose en contacto con outros ambulatorios, sen éxito. Por este motivo incluíron nos expedientes dos pacientes que non puideron ser vacinados por non ter en stock a vacina correspondente.   

“Os propios especialistas comentaban que se o Centro de Saúde de Fingoi, que presta cobertura a moitos habitantes de Lugo, tiña estes problemas, en centros de saúde da provincia de menor dimensión estarían con maiores dificultades”, apuntan os socialistas. Tamén suliñan que os profesionais do centro explicaron aos veciños que tiñan o dereito de presentar reclamacións na Unidade de Prevención do HULA.

Así, este partido critica que lucenses que traballan no mundo da docencia e que forman parte dos grupos de persoas que teñen a recomendación do goberno galego de vacinarse non puideron facelo ante a carencia de provisións. “Isto provoca graves prexuízos para estes cidadáns que en caso de enfermar unha semana perderían arredor de 200 euros por coller a baixa laboral”, conclúe.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...