InicioLugo e contornaLugoProposta do Concello de Lugo para a creación dun centro móbil para...

Proposta do Concello de Lugo para a creación dun centro móbil para seguimento de emerxencias

O alumnado, informa o goberno local, instalará diversos sistemas no vehículo cedido por Protección Civil como o seguimento a través de drones e cámaras infravermellas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo, a través de Protección Civil, formalizou este martes un convenio de colaboración co CIFP As Mercedes que permitirá ao alumnado do curso especializado en drones levar a cabo prácticas vinculadas á súa formación mediarnte o desenvolvemento dun centro móbil de seguimento de emerxencias.

A entrega do vehículo que cede o consistorio para este fin contou coa asistencia da alcaldesa, Paula Alvarellos, e do director do centro, Joaquín Expósito.

O alumnado, informa o goberno local, instalará diversos sistemas no vehículo cedido por Protección Civil como o seguimento a través de drones e cámaras infravermellas.

“Facilitando a procura e o rescate de persoas desaparecidas, entre outras intervencións, en emerxencias”, sinala o goberno local que explica que o proxecto inclúe tamén a creación dun posto de mando que permitirá o acceso en tempo real a distintas cámaras.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...