InicioSucesosDeteñen dous mozos en Lugo por agredir a outro que lles recriminou...

Deteñen dous mozos en Lugo por agredir a outro que lles recriminou dar patadas e tirar mesas e cadeiras nun bar

As patrullas do grupo nocturno da Policía Local mobilizáronse para buscar aos agresores, que foron localizados de inmediato no adarve da muralla, á altura de Pórtaa de Santiago

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous mozos de 20 e 21 anos foron detidos en Lugo por agredir a outro que lles recriminou por dar patadas e tirar mesas e cadeiras nun bar.

Segundo informou a Policía Local, na madrugada do día 18 de outubro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno, de servizo na Praza de Santa María, foi requirida por un mozo ensanguentado que trasladou aos axentes que momentos antes fora agredido por outros dous mozos na Rúa Nova.

Aos efectivos da Policía Local que lle atenderon trasladoulles que, previamente, recrimináralles a súa conduta ao observar como se dedicaban a dar patadas e tirar mesas e cadeiras nun bar.

Segundo o seu relato, sen mediar palabra, empezaron a agredilo, propinándolle patadas e puñadas por todas as partes do corpo, tirándoo ao chan. Notou que un dos impactos no ollo recibiuno cun obxecto contundente metálico, posiblemente unha chave.

Un grupo de amigos interpuxéronse para que deixasen de agredilo e conseguírono finalmente.

IDENTIFICACIÓN

Os axentes procederon á identificación de todas as testemuñas e a recoller probas, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061, xa que a vítima presentaba lesións evidentes e, “aparentemente graves” na pálpebra dereita, con “erosións na fronte, tendo a roupa “danada” e sendo trasladado ao HULA para a súa atención médica.

As patrullas do grupo nocturno da Policía Local mobilizáronse para buscar aos agresores, que foron localizados de inmediato no adarve da muralla, á altura de Pórtaa de Santiago.

Ambos manifestaron espontaneamente que participaran momentos antes “nunha pelexa na Rúa Nova” sen especificar o motivo e procedeuse á detención dos mesmos. Foron trasladados a dependencias policiais, onde se instrúen dilixencias para o xulgado de garda por un delito de lesións.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Axentes da Policía Local tamén interviñeron a noite pasada tras ser avisados para que se trasladasen a un edificio da Rúa Ancares, onde foi localizada unha persoa durmindo no rellano do segundo piso.

Ao chegar localizaron a un mozo que estaba, segundo o relato da Policía Local, profundamente durmido. Manifestou que se atopaba ben de saúde, rexeitando asistencia médica e indicou que saíra de festa cuns amigos, que estaba canso e que se refuxiou nese edificio. Abandonou o edificio e dirixiuse ao seu domicilio nunha rúa próxima.

Esa mesma noite foi detectado na Rúa Montefaro un home tendido na beirarrúa. Foi atendido por unha dotación do 061, observando que presentaba signos de embriaguez, causa da posbile caída, e despois trasladado ao HULA para a súa atención médica.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...