InicioLugo e contornaInaugurado o primeiro centro de día para persoas con trastorno do espectro...

Inaugurado o primeiro centro de día para persoas con trastorno do espectro autista

Leva meses en funcionamento e dispón dun total de 15 prazas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Raiolas inaugurou este sábado en Lugo, nun acto cunha ampla representación institucional, o primeiro centro de día da cidade dedicado a persoas con trastornos do espectro autista (TEA) e con trastornos de comunicación social, así como ás súas familias. Leva meses en funcionamento e dispón dun total de 15 prazas.

Ao evento asistiron, ademais da presidenta de Raiolas, Inés Flores, a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García; a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; o responsable de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento da Deputación, Miguel Fernández; e a vicepresidenta primeira do Parlamento galego, Elena Candia, entre outros.

Este centro abriu nun local cedido pola Deputación que era a antiga gardaría do campus universitario. Ademais, a institución provincial investiu uns 112.000 euros nas obras de acondicionamento.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...

Ofrenda do Antigo Reino en Lugo durante unha xornada calorosa

A cidade de Lugo celebrou este sábado, 14 de xuño, a Ofrenda do Antigo...

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...