InicioLugo e contornaLugoA alcaldesa pide "axilidade" nas obras da estación intermodal e a Xunta...

A alcaldesa pide “axilidade” nas obras da estación intermodal e a Xunta confía en “terminar en prazo”

Diego Calvo mostrouse seguro de que os veciños "terán antes" estación intermodal que AVE

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, pediu á Xunta “axilidade” nas obras da estación intermodal que comezaron esta semana e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, confiou en “poder terminar en prazo”.

O proxecto depende de tres administracións –Adif, Concello e Xunta– polo que Alvarellos remarcou que “de nada serve” que tanto Adif como o Concello terminen a estación de tren “se non está operativa” a nova estación de autobuses.

Pola súa banda, Diego Calvo remarcou o compromiso da Xunta para dotar a Lugo de “un gran centro” de transporte público, cunhas instalacións modernas e accesibles e cun aparcadoiro subterráneo. “O contrato de adxudicación asinouse en agosto e actualmente, catro semanas máis tarde, estamos a traballar a bo ritmo”, asegurou Diego Calvo.

Así mesmo, o conselleiro mostrouse seguro de que os veciños de Lugo “terán antes” estación intermodal que AVE e volveu a reclamar que se retomen os proxectos de variantes na liña Lugo-Ourense para poder gañar tempos de viaxe.

O investimento da Xunta supera os 13 millóns para a construción da nova estación de autobuses e dun aparcadoiro subterráneo con 240 prazas, que responde a unha necesidade da estación de ferrocarril e da propia cidade.

En concreto, nove millóns serán destinado á nova estación que conta cunha superficie de 550 metros cadrados con dous pisos con espazos diáfanos no interior, con zonas de atención e servizos aos usuarios. Os 4,7 millóns restantes resérvanse a financiar parte do aparcadoiro, asumindo máis do 37% do investimento ademais de executar o proxecto redactado por Adif.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...