InicioSucesosDous detidos en Lugo por supostamente drogar e roubar a un viaxeiro

Dous detidos en Lugo por supostamente drogar e roubar a un viaxeiro

A vítima asegura que os asaltantes lle deron unha bebida que mermou as súas capacidades, para despois deixalo "descalzo e a medio vestir"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo na tarde do domingo a dúas persoas por roubo con intimidación e violencia, despois de que supostamente ameazaran cun coitelo e deixaran medio espido a un viaxeiro na Estación de Autobuses de Lugo. A vítima denuncia que foi drogado cunha bebida que fixo que perdera as nocións espazotemporais.

Tal e como recolle GaliciaConfidencial, a persoa asaltada atopábase na entrada da Estación agardando para iniciar a viaxe, cando tres individuos comezaron a falar co home, ao tempo que lle ofreceron algo de beber. Segundo o relato que fixo á Policía Nacional, comezou a sentirse “raro”.

Aproveitando esta circunstancia, os tres descoñecidos levárono a un portal baixo a ameaza dun coitelo, esixíndolle que entregara o diñeiro que levase. Comezaron entón a rexistralo, sacándolle a roupa, levando os efectos de valor e mesmo as zapatillas que levaba postas.

Dous detidos con antecedentes

Liberado, o home violentado dirixiuse a un bar “descalzo e a medio vestir” –como salientan fontes da investigación–, dende onde chamou á Policía para solicitar auxilio. A resposta dos axentes permitiu localizar na tarde do domingo a dúas persoas, unha muller de 41 anos e máis un home de 45, que coincidían co retrato que fixera a vítima.

Os detidos foron recoñecidos en comisaría polo viaxeiro, polo que foron postos a disposición xudicial e enviados a prisión. De ambos constan antecedentes penais. O operativo foi xestionado polo Grupo de Radio Patrullas da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá.

O probable uso de submisión química a través da bebida deberá ser contrastado pola subdirección territorial do Instituto de Medicina Legal (Imelga), que neste mes de decembro iniciou pescudas semellantes por tres casos de agresión sexual con pérdida de memoria.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...