InicioMedioambiente e PatrimonioMáis de 300 viaxes audiovisuais para descubrir os tesouros turísticos menos coñecidos...

Máis de 300 viaxes audiovisuais para descubrir os tesouros turísticos menos coñecidos da provincia de Lugo

O Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo levan dende o 2019 dando a coñecer os recursos patrimoniais, paisaxísticos e gastronómicos coa sección Descubrindo Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Capela de Santa Marta, no concello de Baralla; o miradoiro de Goia, en Xermade; a praia de Covas, no municipio de Viveiro; ou a sobreira de Santiorxo; na Pobra do Brollón. Estas son só algunhas das xoias turísticas que se agochan na provincia de Lugo. No total dos 67 concellos que compoñen este territorio sitúanse emblemáticas paraxes naturais, monumentos que narran os tempos pasados e paisaxes únicas que non deixan indiferente a ninguén.

Explorar cada un destes recunchos e mergullarse no potencial turístico da provincia é posible grazas á sección que realiza o Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo desde o 2019. A programación Descubrindo Lugo traslada a través de 316 pezas audiovisuais os valores paisaxísticos, patrimoniais e etnográficos de Lugo. Podes atopalos, entre outros lugares, na súa canle homónima de YouTube.

Entre as súas últimas publicacións atópase a Ruta Pena de Taras, en As Nogais; o Xardín Sanxés da Pontenova; e a Ruta Lagoa de Pallares en Barreiros. Esta gran variedade de propostas, que se poden consultar nas súas redes sociais, sitúan a nosa provincia como un destino turístico, de calidade, sostible e non masificado. Unha iniciativa que vai na liña do modelo turístico polo que aposta a institución provincial, un modelo que xira en torno ás experiencias do visitante e que pon en valor o territorio que nos rodea.

Ademais, estes audiovisuais contribúen a dar visibilidade, a nivel nacional e internacional, daqueles lugares menos coñecidos pola cidadanía, e que, sen dúbida, tamén son importantes reclamos turísticos que poden atraer novos visitantes. Turistas que se achegan ata a nosa provincia para descubrir a gastronomía que a caracteriza e o patrimonio cultural, artístico e histórico que nela se atopa, o que tamén contribúe a xerar riqueza no territorio.

Por aquí vos deixamos algúns exemplos destas xoias que podes visitar na provincia de Lugo:

+ posts

ÚLTIMAS

O paseo do Río Rato, un verxel con 155 hortos urbanos en pleno centro de Lugo

O entorno do paseo do Rato, no concello de Lugo, acolle un verdadeiro vergel...

Hospitalizadas dúas persoas tras unha colisión frontal entre unha furgoneta e un turismo en Vilalba

Dúas persoas tiveron que ser trasladas polos servizos sanitarios tras producirse unha colisión frontal...

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...