InicioLugo e contornaLugoInterceptados en Lugo dous homes tras provocar accidentes conducindo borrachos

Interceptados en Lugo dous homes tras provocar accidentes conducindo borrachos

En concreto, o primeiro deles produciuse na rúa Alexandre Bóveda, onde os axentes observaron a dúas persoas cubrindo un parte amigable despois dun golpe. Con todo, un dos implicados, con evidentes síntomas de embriaguez, tratou de escapar de lugar, sendo localizado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou na madrugada deste pasado domingo a dous homes que provocaron senllos accidentes de tráfico mentres conducían baixo os efectos do alcol.

En concreto, o primeiro deles produciuse na rúa Alexandre Bóveda, onde os axentes observaron a dúas persoas cubrindo un parte amigable despois dun golpe. Con todo, un dos implicados, con evidentes síntomas de embriaguez, tratou de escapar de lugar, sendo localizado.

Así, realizáronselle as probas, arroxando un resultado positivo de 0,83 miligramos por litro de aire expirado, o que triplica a taxa permitida. Horas despois, na rúa Amizade, outro condutor impactou cun coche estacionado, realizándoselle a proba do alcol e dando 0,61 miligramos por litro.

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...