InicioPolíticaO pleno da Deputación de Lugo aproba reclamar á Xunta a anulación...

O pleno da Deputación de Lugo aproba reclamar á Xunta a anulación da subida do canon de Sogama

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno da Deputación Provincial de Lugo aprobou este martes, cos votos a favor de PSOE e BNG e a abstención do PP, unha moción para reclamar á Xunta de Galicia a anulación da subida do canon que a Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) deixou fixada nun importe medio de 66 euros por tonelada de residuos tratada.

Unha modificación á alza que, denunciou a portavoz socialista do Goberno Provincial, Pilar García Porto, durante o seu defensa da iniciativa, foi acordada nunha reunión a dúas bandas entre a Xunta e a empresa e trata de ocultar “o fracaso dun modelo” e “a ineficiencia do monopolio de Sogama” na xestión dos residuos.

“Queren que os galegos e galegas paguemos o fracaso dun modelo defectuoso que sitúa a Galicia á cola da reciclaxe das comunidades autónomas en España“, manifestou durante a súa intervención a tamén alcaldesa de Antas de Ulla, que afeou á Xunta de Galicia a súa “paternalismo” no trato cos concellos e defendeu “a suficiencia financeira para garantir a autonomía municipal”.

Nunha liña moi similar pronunciouse durante a súa quenda de intervención o deputado provincial do BNG, Daniel Castro, que cualificou a subida do canon como unha “decisión arbitraria” e tachou o modelo de Sogama de “obsoleto, centralizado e antiecológico”. “Somos a segunda peor comunidade do Estado en cifras de reciclaxe”, incidiu.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, tamén manifestou o seu rexeitamento á medida en declaracións realizadas aos medios de comunicación antes do inicio da sesión plenaria do mes de xullo da institución provincial, cualificando de “burrada” a subida prevista: “É unha vergoña que queiran cubrir a mala xestión de Sogama cunha subida do 33% este ano na taxa de residuos que ademais hai que repercutirlle a partir do ano que vén aos propios cidadáns”.

O PP SINALA Á MONCLOA

Máis crítico coa moción presentada polo Grupo socialista no pleno mostrouse o portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, quen responsabilizou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, da subida xeneralizada dos impostos repercutidos aos españois polo tratamento de residuos.

“A ninguén nos gusta a subida do canon de Sogama pero Sogama sobe única e exclusivamente porque Pedro Sánchez fixo unha modificación lexislativa para a subida dos impostos. Onde se ordenou isto foi na Moncloa e onde se pode arranxar isto é en Moncloa”, asegurou Ameijide

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...