InicioSucesosDetidas tres persoas dun clan familiar dedicado a venda de cocaína en...

Detidas tres persoas dun clan familiar dedicado a venda de cocaína en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policía Nacional detivo a dous homes e a unha muller vinculadas a un clan familiar que se dedicaba á venda polo miúdo de cocaína na cidade de Lugo. Segundo informou o corpo, durante a investigación e nos rexistros domiciliarios incautáronse máis de 230 doses, así como sustancia de corte suficiente para triplicar a droga unha vez na rúa.

Así mesmo, interceptáronse balanzas de precisión, material para a preparación da droga para a súa venda polo miúdo na rúa, teléfonos móbiles, un vehículo e máis de 2.000 euros provenientes da venda. Os detidos, unha vez tomada declaración en dependencia policiais, foron postos a disposición da autoridade xudicial, que decretou o ingreso en prisión dun dos homes detidos, como xefe do clan.

Con esta operación, a Policía Nacional de Lugo dá por desarticulado un dos puntos de venda de drogas máis importantes da cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...