InicioSociedadeDetido un veciño de Lugo de 53 anos por atentar contra axentes...

Detido un veciño de Lugo de 53 anos por atentar contra axentes da autoridade cando tentaba acceder a unha vivenda

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detivo na noite do sábado a un veciño da cidade de 53 anos por atentado contra a autoridade cando tentaba acceder a unha vivenda.

Segundo explican nun comunicado, a intervención produciuse na rúa Bispo Aguirre, onde os axentes observaron a un home que tentaba introducir unha chave na fechadura do portal dun edificio, sen conseguilo.

Os axentes pregúntanlle a esta persoa se vive nese inmoble, “respondendo con frases evasivas e descualificativos cara aos policías“, negándose ademais a mostrar as chaves que tentaba usar. É entón cando se lle require que se identifique, ao que se nega o home “reiteradamente”, “comezando a porse agresivo, golpeando no peito a un dos axentes“.

Nese momento procédese á súa detención e trasládaselle a dependencias policiais, onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda por un delito de atentado a axentes da autoridade.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...