InicioSucesosRescatadas dúas mulleres tras precipitarse cun 'quad' por un desnivel en Sober

Rescatadas dúas mulleres tras precipitarse cun ‘quad’ por un desnivel en Sober

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias rescataron a dúas mulleres tras precipitarse cun ‘quad’ por un desnivel en Anllo, pertencente ao municipio lucense de Sober.

Segundo informou o 112, o suceso produciuse minutos despois das 13:30 horas e foi un particular o que deu a voz de alarma e indicou que unha das feridas necesitaba asistencia sanitaria.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros de Monforte e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar, os Bombeiros indicaron que, debido ao estado do terreo que era moi frondoso, tiveron que usar un todoterreo da Garda Civil para trasladas ás feridas ata a ambulancia. Posteriormente, as dúas mulleres foron trasladas polo persoal sanitario ao Hospital de Monforte.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...