InicioSociedadeCondenado a 3 anos de prisión un veciño de Lugo ao que...

Condenado a 3 anos de prisión un veciño de Lugo ao que lle interviñeron case medio quilo de cocaína

Estaría valorado no mercado ilícito en 88.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a 3 anos de cárcere a un acusado de tráfico de drogas, veciño da cidade amurallada, ao que lle interviñeron case medio quilo de cocaína. Segundo a sentenza, o tribunal considera probado que o acusado, natural da República Dominicana, foi detido en setembro de 2023 e os axentes incautáronse de case 100 gramos de cocaína que levaba encima. Ademais, no rexistro do seu vehículo, a Policía atopou outros 313 gramos desa droga, ocultos nunha caleta, e 9.500 euros.

No rexistro do seu domicilio atopáronse outros 18 gramos de cocaína e, no interior dun bote, 11 papelinas desta sustancia que, neste caso, estaban na habitación dun compatriota co que compartía piso. En total, no marco deste procedemento interviñéronse case 500 gramos de cocaína, valorada no mercado ilícito en 88.000 euros.

A Audiencia de Lugo, dado que o acusado recoñeceu ser o propietario da droga, acordou condenalo a 3 anos de cárcere e ao pago dunha multa de 90.000 euros. Con respecto ao seu compañeiro de piso (tamén acusado nese procedemento), o tribunal acordou absolvelo, ao non considerar probado que as papelinas de cocaína atopadas na súa habitación fosen da súa propiedade, xa que levaba pouco tempo aloxado na vivenda (o propio acusado asegurou que o bote coas papelinas xa estaba no dormitorio cando el se foi a vivir alí).

ÚLTIMAS

O PP de Lugo cifra en “máis de 800 euros” cada baño en xaneiro nas Caldas do Miño

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, denunciou este mércores en...

Atopan en Belesar os corpos do bañista e do pescador desaparecidos o martes

Os corpos dos dous homes desaparecidos o pasado martes en diferentes puntos do lucense...

O Parlamento demanda á Xunta que garanta a continuidade de estudos no Campus Terra da USC

O Parlamento galego demandou, co apoio unánime dos grupos, que a Xunta garanta a continuidade dos estudos no...

Buscan a dúas persoas desaparecidas no encoro de Belesar

Os servizos de emerxencias manteñen activos dous operativos de procura por senllas desaparicións na...