InicioPolíticaO Parlamento demanda á Xunta que garanta a continuidade de estudos no...

O Parlamento demanda á Xunta que garanta a continuidade de estudos no Campus Terra da USC

A encargada de defender a proposición foi a deputada socialista e exalcaldesa de Lugo Lara Méndez, que puxo o foco en que o campus lugués vive coa "espada de Damocles" que ameaza a continuidade de graos minoritarios que alcanzan "unha empregabilidade do 100 % dos titulados".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Parlamento galego demandou, co apoio unánime dos grupos, que a Xunta garanta a continuidade dos estudos no Campus Terra da USC en Lugo a través da revisión do decreto que regula os ensinos universitarios oficiais en Galicia co obxectivo de “xerar confianza” nas comunidades educativas do campus lugués. A iniciativa, promovida polo Grupo Socialista, saíu adiante este mércores na Comisión 4ª de Educación e Cultura tras un acordo entre o PSdeG e o PP, que engadiu ao texto orixinal unha petición á Consellería de Educación para que elabore e desenvolva campañas de promoción dos perfís que se ofertan no Campus Terra.

A encargada de defender a proposición foi a deputada socialista e exalcaldesa de Lugo Lara Méndez, que puxo o foco en que o campus lugués vive coa “espada de Damocles” que ameaza a continuidade de graos minoritarios que alcanzan “unha empregabilidade do 100 % dos titulados”. Como trasladou durante a súa intervención, o decreto da Xunta establece en 45 o mínimo de alumnos de novo ingreso para garantir a continuidade dos graos universitarios nos campus periféricos das tres universidades, o que “pon en risco” titulacións como Paisaxe e Enxeñaría Civil, Procesos Químicos, Enxeñaría Civil ou Procesos Químicos, que “son fundamentais para o desenvolvemento económico de Galicia”.

Ademais, a iniciativa do Partido Popular, tamén foi aprobada na Comisión 4ª deste mércores outra proposición que solicita á Xunta que se dirixa ao Ministerio de Universidades para reclamarlle que asuma “de inmediato” os gastos extraordinarios que carrexe a adaptación á LOSU das tres universidades galegas. Así mesmo, o texto que saíu adiante co apoio de BNG, ademais do grupo maioritario (o PSdeG optou pola abstención), tamén solicita que o Goberno fixar “canto antes” as partidas que se destinarán para alcanzar o obxectivo do 1 % do PIB.

COMISIÓN INSTITUCIONAL

Paralelamente á Comisión de Educación e Cultura tivo lugar unha sesión da Comisión 1ª de asuntos institucionais, xustiza e interior, na que, por unanimidade, foi aprobada unha iniciativa do BNG transaccionada co PP para solicitar ao Concello de Chantada que xustifique a necesidade de construír un novo campo de fútbol no municipio. Ademais, a Cámara autonómica tamén alcanzou outro acordo unánime sobre a necesidade de que a Xunta actualice o plan de protección civil ante episodios sísmicos, coñecido como Sismigal.

ÚLTIMAS

Interceptado en Lugo un condutor ebrio e drogado que carecía de permiso para conducir

Un condutor foi interceptado cando circulaba sen permiso de condución baixo os efectos do...

Becerreá rexistrou este sábado un terremoto de 2,5 graos de magnitude

O municipio lucense de Becerreá rexistrou este sábado un terremoto de 2,5 graos de...

Galicia, vixiante co sarampión: detéctanse en Lugo os dous primeiros casos dende 2020

A Consellería de Sanidade reforzou a vixilancia contra o sarampión despois de detectar que repuntes...

O PP de Lugo acusa ó goberno local de “improvisación” e “falta de xestión” na regularización de terrazas

O PP de Lugo acusou este sábado ao goberno local de "improvisación" e "falta...