InicioSucesos600 euros por deixar un colchón, bolsas de lixo e cousas vellas...

600 euros por deixar un colchón, bolsas de lixo e cousas vellas na rúa sen avisar aos servizos de limpeza

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou a unha persoa que foi sorprendida depositando lixo na vía pública sen contactar cos servizos de limpeza, infrinxindo a Lei de Residuos de Galicia.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron este martes, cando unha patrulla da Unidade Territorial da Policía de Barrio sorprendeu a unha persoa na rúa dos Gardas depositando na beirarúa cousas vellas e varias bolsas de lixo, sen contactar cos servizos de limpeza para a súa recollida.

Por iso, os axentes levantaron acta de denuncia e propuxeron a esta persoa para sanción de ata 900 euros. Así mesmo, deron aviso aos servizos de ECOLUGO para a recollida e limpeza da beirarrúa.

A Policía Local tamén informou doutra intervención, na Avenida de Magoi, onde foi interceptado un vehículo con matrícula italiana. Os policías comprobaron que a súa propietaria non o matriculou en España no prazo obrigatorio, a pesar de ter residencia en Lugo desde principios de 2024, polo que o coche foi inmobilizado e as placas de matrícula intervidas.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Prosegue a procura da anciá de 85 anos desaparecida hai unha semana no barrio de Montirón

A Policía Nacional continúa dirixindo a procura de Isaura, a anciá de 85 anos que non volveu...

O PP de Lugo pide ao Goberno aclarar se abrirá este verán un novo tramo da A-54

Os senadores do PP de Lugo --José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-- pediron...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...