InicioLugo e contornaLugoFalece un home tras envocar o tractor que conducía

Falece un home tras envocar o tractor que conducía

Na súa leira, no Camiño da Costa

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home faleceu este venres tras envorcar o tractor que conducía en Lugo. Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar esta mañá na leira da vítima, no Camiño da Costa, en Lugo.

Un particular ao servizo ao redor de 14.00 horas para informar dun accidente nunha leira. Segundo indicaba na súa chamada, un home quedara debaixo do seu tractor despois de envorcar con el. O alertador explicaba durante a súa comunicación co 112 Galicia que a vítima podía falecer.

Cando os medios de emerxencias chegaron ao momento, a vítima xa estaba liberada, pero desgraciadamente xa non se puido facer nada pola súa vida. No dispositivo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Policía Nacional e a Policía Local.

Os Bombeiros de Lugo tamén se desprazaron despois de ser solicitados pola Policía Nacional para poder recuperar o corpo da persoa, xa que se atopaba nunha zona cun desnivel importante.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide 13 anos de prisión por agresión sexual a unha menor

A Fiscalía de Lugo pide 13 anos de cárcere para un home acusado dun...

A Audiencia de Lugo xulgará unha muller por suposta estafa a través de SMS en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro martes a unha muller para a...

Identificado un grupo de motoristas por circular a gran velocidade por Lugo, un deles a 160 km/h nunha zona de 70

A Garda Civil de Lugo identificou a varios motoristas que circulaban superando "amplamente" os límites de...

A Fundación Reina Sofía realizará unha restauración forestal na Serra do Courel, afectada polos incendios de 2022

A Fundación Reina Sofía anunciou que realizará, en colaboración coa Xunta e a dirección...