InicioEconomíaO novo colexio do Sagrado Corazón estará operativo no curso 2020/21

O novo colexio do Sagrado Corazón estará operativo no curso 2020/21

A Xunta de Galicia presenta á dirección do centro o proxecto para o novo Sagrado Corazón, con capacidade para 450 alumnos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O novo colexio do Sagrado Corazón entrará en funcionamento no curso 2020/21. Así o anunciou o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, en reunión coa dirección e a asociación de nais e pais do centro lucense. Está previsto que dea cabida a 450 alumnos e sae a licitación por 4,6 millóns de euros.

Logo de completar os trámites administrativos, as obras –cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional–, poderán comezar a finais do primeiro trimestre de 2019. Unha vez completado, o novo Centro de Educación de Infantil e Primaria asumirá a área de influencia do existente no barrio Sagrado Corazón, incluídos os futuros escolares reisdentes nas zonas residenciais previstas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Características do proxecto

Como reflicte o proxecto, o novo Sagrado Corazón será de liña 2, con 18 unidades e cabida para 450 alumnos. Deste xeito, disporá de 6 aulas de educación infantil con aseos incorporados cada dúas aulas, 12 aulas de educación primaria, ademais de 4 aulas de apoio educativo e desdobramento de grupos; aula de música, aula de informática, biblioteca e ximnasio. Disporá asemade de zona de administración e servizos comúns, así como un comedor con espazo para catering.

No que respecta a equipamentos deportivos, o novo centro contará cunha pista polideportiva cuberta, pista descuberta, patios e espazos libres. En total, estímase necesaria unha intervención de arredor de 3.000 m² de superficie construída.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional licita a construción do novo CEIP Sagrado Corazón por un importe de 4,6 millóns de euros, e un prazo de execución de 18 meses. As empresas interesadas en executar esta obra teñen ata o 10 de xaneiro para presentar as súas ofertas.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...