InicioDeportesInvestigan por agresión ao menor do Vilalbés B que agrediu a outro...

Investigan por agresión ao menor do Vilalbés B que agrediu a outro xogador do CD San Ciprián

A Xunta abre unha investigación sobre os feitos rexistrados o pasado domingo nun partido de rexional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil abriu unha investigación contra un xogador do Vilalbés B, menor de idade, que propinou un golpe a un adversario durante o encontro que enfrontou ao seu equipo contra o CD San Ciprián o pasado domingo e que terminou en pelexa multitudinaria con deportistas, corpos técnicos e público implicados.

Segundo trasladou o Instituto Armado, o investigado é un menor de idade veciño de Vilalba ao que se imputa un suposto delito de lesións contra un contricante ao que, segundo pode verse nos vídeos difundidos por redes sociais, propinou unha puñada na cara. As dilixencias foron remitidas á Fiscalía de Menores.

A agresión foi a orixe da disputa na que acabaron involucradas decenas de persoas no campo da Fonte, onde tiveron que intervir as forzas da orde. Estes feitos motivaron a reunión este martes da Comisión Galega de Control dá Violencia, que acordou a apertura dunha investigación para esclarecer o acontencido.

Con este asunto como único punto do día no encontro presidido polo secretario xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete Lasa; o organismo que vela por expulsar a violencia do deporte galego decidiu abrir un período de información previa sobre os feitos, para o que solicitou información á Garda Civil, clubs implicados e a Federación Galega de Fútbol.

En declaracións recollidas nunha nota de prensa facilitada pola Xunta, o responsable de Deportes no Goberno autonómico apelou á “unidade” e o “traballo conxunto” do tecido deportivo para erradicar a violencia, á vez que destacou que os dous clubs implicados na pelexa do domingo en Cospeito remitiron senllos comunicados nos que expresan a súa condena do ocorrido e mostran a súa vontade para esclarecer os feitos.

Así, a Xunta solicitou información á Federación Galega de Fútbol, a quen corresponde dirimir as posibles sancións disciplinarias ás persoas con licenza federativa (deportistas, árbitros ou adestradores) e que tamén reuniu ao seu comité de competición este martes para abordar os feitos do partido de ascenso a Primeira Autonómica entre o filial do Vilalbés e San Ciprián.

ÚLTIMAS

Conta atrás para o ‘Caudal Fest’

A sétima edición do Caudal Fest conta os días para a súa celebración. Este...

A Xunta declara como proxecto industrial estratéxico a construción da planta de biometano no polígono do Ceao

O Consello da Xunta aprobou este luns a declaración como proxecto industrial estratéxico a construción dunha...

Incendio en Barreiros estabilizado tras arrasar 80 hectáreas

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia deu por estabilizado esta mañá...

Cinco brigadistas ingresados con queimaduras graves tras o lume de Barreiros

Os cinco brigadistas feridos nun incendio rexistrado no municipio lucense de Barreiros foron trasladados...