InicioLugo e contornaLugoArredor de 400 persoas asistiron á obra 'Aquí nunca pasa nada' no...

Arredor de 400 persoas asistiron á obra ‘Aquí nunca pasa nada’ no auditorio Gustavo Freire

Desde a Plataforma contra a Impunidade do Caso Carioca coordinan coa compañía de teatro TEATRO SIN PAPELES unha acción reivindicativa

PUBLICADA O

- Advertisement -

Arredor de 400 persoas asistiron este domingo 26 de maio á representación da obra ‘Aquí nunca pasa nada’ no auditorio Gustavo Freire. A compañía TEATRO SIN PAPELES demostrou sobre o escenario ter feito un traballo de documentación excelso e foi quen de sintetizar unha macrocausa verdadeira complexa, como o é a Carioca, encarnándoa nos papeis interpretados por un elenco conformado por dúas únicas actrices. A actuación distinguiuse pola súa capacidade para conectar emocións e transmitir a dureza das realidades que engloba a trama de proxenetismo a un público que rematou visiblemente conmocionado.

Desde a Plataforma contra a Impunidade do Caso Carioca apoian a representación desta obra e coordinan coa compañía de teatro unha acción reivindicativa. Semanas antes da actuación abriron un formulario para facer un berro colectivo con aqueles aspectos que quixese denunciar a título individual ou colectivo quen así o desexase, recibindo numerosas proclamas de organizacións feministas.

Estes lemas foron recollidos en cartolinas amarelas que se distribuiron polo chan e paredes á entrada do auditorio para recibir aos asistentes. Os asistentes podían recoller aquelas cartolinas que fosen do seu agrado. Tamén se reparten numerosas cartolinas amarelas sen nada escrito. Ao remate da obra, as actrices Olga Compte e Luisa Anaya e o director Moisés Mato iniciaron o berro colectivo coas súas proclamas, ao que se uniu o público coas das súas cartolinas. Anunciouse que as cartolinas estarían presentes nunha acción durante o xuízo da peza principal do caso Carioca que terá lugar no próximo mes de xuño, e quen quixese podía escribir novos textos de protesta naquelas cartolinas que non levaban nada escrito e entregalas á plataforma á saída da obra de teatro.

Numerosas persoas se achegaron para trasladar as súas boas críticas á obra, para comunicar que lles causou un gran impacto porque descoñecían a gravidade e profundidade do caso, e mesmo para corroborar que os feitos escenificados ocorreron de verdade porque lles custaba asimilalo. Tamén houbo quen quixo achegar as súas propostas, perspectivas complementarias dende as que abordar o tema, a lembranza de persoas que traballaron investigando a causa, as súas dores.

Consideran que a cifra de asistentes, nunha xornada marcada pola gran manifestación contra Altri que conta con todo o apoio da Plataforma, é unha mostra do interese que suscita o caso Carioca para a cidade na que ocorreron os feitos investigados. Sostén, así mesmo, que unha “maior implicación por parte do Concello de Lugo podería conseguir trasladar a obra a máis persoas”. A compañía denunciou sobre o escenario a existencia de “trabas” para a súa realización. “Cremos que se o acceso fose gratuíto e se fixese unha mellor promoción do evento a asistencia tería sido maior”, afirman.

ÚLTIMAS

Un vehículo choca contra outro tras circular en sentido contrario na A-6, ao seu paso por Lugo

Unha persoa resultou ferida tras unha colisión frontal de dous vehículos, un deles circulaba en...

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...