InicioLugo e contornaLugoDetidos dous lucenses por estafar na contratación de seguros para turismos e...

Detidos dous lucenses por estafar na contratación de seguros para turismos e motos

As vítimas residen nas provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo, e en Lanzarote.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a dous veciños de Lugo, ambos de 42 anos, como presuntos autores de estafar polo menos a 18 persoas na contratación de seguros de turismos e motocicletas.

Segundo informou o Instituto Armado, a operación comezou en abril despois de que unha persoa presentase unha denuncia na que explicaba que tras abonar o importe para contratar o seguro obrigatorio do vehículo, nunca llo desen de alta. Desta forma, os investigadores comprobaron se era un caso illado ou mesmo un erro na contratación da póliza, pero confirmaron que era unha práctica habitual.

Os detidos tras recibir o importe do seguro nunca daban o alta do contrato ou, se o facían, era por un período moi curto de tempo, case sempre por un día, e amparábanse nunha aseguradora asentada en Romanía, polo que contactar con ela era moi difícil. Varios prexudicados, detallou a Garda Civil, coñeceron que circulaban sen seguro obrigatorio ao ser identificados en controis policiais e ser propostos para sanción.

As vítimas comunicaban estes feitos aos detidos, facéndose cargo do importe das denuncias para evitarse futuros problemas e os axentes sospeitan que abonaron máis de 15 denuncias por un importe de 750 euros por cada proposta de sanción.

Supostamente, estafaron polo menos a 18 asegurados, a operación continua aberta e non se descarta que aumenten os afectados. Os prexudicados residen nas provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo, e en Lanzarote. Os detidos foron postos en liberdade e as dilixencias policiais foron remitidas á autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...