InicioSucesosDenunciados en Lugo un condutor e o seu acompañante por varios delitos...

Denunciados en Lugo un condutor e o seu acompañante por varios delitos contra a seguridade viaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor e ao seu acompañante, pola suposta comisión de varios delitos contra a seguridade viaria durante a realización dun control na rúa Dinán, na madrugada do pasado domingo.

Segundo informaron fontes policiais, durante ese control, os axentes deron o alto a un vehículo, cuxo condutor foi sometido a unha proba de alcoholemia, que deu resultado positivo de 0,39 mg/l e motivou a apertura de expediente sancionador.

Cando os policías estaban a notificar a sanción ao condutor, o acompañante púxose ao volante, accionou o motor e iniciou a marcha. Esta persoa foi intercepada polos propios axentes, un dos cales conseguiu abrir a porta do coche e agarrar ao home para paralo, cando tiña clara intención de fuxir do lugar.

Os axentes identificárono e comprobaron que carece de permiso de condución, por non obtelo nunca. Ademais, ao observar que presentaba signos de embriaguez, convidárono a realizar a proba de alcoholemia, pero o home negouse. Por iso, instruíronse dilixencias por conducir baixo os efectos do alcol, por negarse a realizar a proba e por porse ao volante sen carné.

Poucos minutos despois, no mesmo punto, a Policía deu o alto a outro condutor, que tamén foi sometido a unha proba de alcoholemia, con resultado de 0.78 mg/l, polo que tamén foi denunciado e inmobilizouse o seu vehículo.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...