InicioSociedadeO TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

A muller actuou despois de saber que o pai quería incrementar o réxime de visitas para pasar máis tempo coa nena.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato, en maio de 2018, á súa filla de sete anos asfixiándoa no municipio lucense de Muimenta nun “acto de violencia vicaria“.

Nunha sentenza, recollida por Europa Press, a Sala do Penal confirmou o fallo imposto polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que desestimou o recurso contra a condena inicialmente imposta pola Audiencia Provincial de Lugo.

Segundo consta nos feitos probados “a parella puxo fin á súa relación e a garda e custodia atribuíuse á nai, coa que convivía a menor constituíndose un réxime de visitas a favor do pai”. “Ela (a nai) era coñecedora da intención do pai da menor de modificar e incrementar legalmente o réxime de visitas, co fin de que a nena e o seu pai puidesen pasar máis tempo xuntos”, apunta o fallo.

O mesmo recolle que a nai “tiña algún tipo de trastorno, pero o mesmo non afectaba as súas facultades mentais nin ás súas capacidades cognitivas ou volitivas que lle puidesen afectar nin para comprender a ilicitude do feito nin á súa capacidade de autocontrol e para actuar conforme á dita comprensión”. “A autora, como nai da menor era persoa que debía protexela de calquera mal“, destaca o Supremo. Os maxistrados do alto tribunal aseguran que se trata de “un caso de violencia vicaria nun suposto de crime á súa propia filla pola recorrente na forma que consta nos feitos probados”.

BUSCOU FORMAS DE ACABAR COA súa VIDA

Nesta liña, indican que “días antes” do asasinato a muller “indagara en Internet sobre os medios cos cales podía acabar coa vida da súa filla, realizando a procura dun veleno chamado estricnina”. Ademais, apuntan, “era coñecedora da intención do pai de modificar e incrementar legalmente o réxime de visitas”.

“Así, a pesar disto último que consta nos feitos probados e a súa obriga moral e de dereito natural de protexela, acaba coa súa vida sendo consciente do que facía e do alcance e consecuencias do que levaba a cabo respecto da súa propia filla nun acto de violencia vicaria non amparable, segundo concluíu o xurado, á luz da proba practicada en circunstancia modificativa de responsabilidade criminal algunha”, recolle o fallo.

O Supremo incide en que a nai recorreu por non ser apreciada a eximente completa ou incompleta de trastorno psicótico. Con todo, lembra que o xurado foi concluínte á hora de rexeitar calquera tipo de eximente ou atenuante, o que foi confirmado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

ÚLTIMAS

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...

Detido un home por un delito de lesións tras unha pelexa na mañá de Aninovo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha persoa como presunta...

O Concello de Lugo recepciona o aparcadoiro da Avenida de Breogán enmendarse as deficiencias

O Concello de Lugo anunciou que finalmente recepcionará o aparcadoiro da Avenida de Breogán,...