InicioLugo e contornaLugoA Deputación dotará a 52 concellos de ferramentas tecnolóxicas a través do...

A Deputación dotará a 52 concellos de ferramentas tecnolóxicas a través do proxecto Impulsa TIC

A institución provincial conta cun investimento de 4,5 millóns de euros de fondos europeos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, anunciou na Fonsagrada o inicio do proxecto Impulsa TIC, que dotará, de forma gratuíta, a 52 concellos de ferramentas tecnolóxicas para mellorar a xestión municipal.

Nun encontro con alcaldes, destacou que a institución provincial conta cun investimento de 4,5 millóns de euros de fondos europeos para desenvolver este novo programa de face á modernización e transformación dixital das entidades locais que, voluntariamente, queiran adherirse.

O presidente destacou que os concellos “gañarán en proximidade, transparencia e axilidade” con accións previstas no proxecto, que empeza mañá coa realización de auditorías e estará finalizado despois do verán. “Reforzamos un dos sinais de identidade da Deputación de Lugo como é a cooperación cos concellos”, expuxo na súa intervención nun encontro no concello da Fonsagrada.

A través do programa, a Deputación de Lugo proporcionará gratis ferramentas tecnolóxicas ás entidades locais “para avanzar na súa modernización e transformación dixital e, desa maneira, mellorar a xestión municipal e ofrecer un mellor servizo á cidadanía”.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...