InicioTerra CháCastro de ReiO BNG promove unha campaña para demandar ao Goberno melloras nas infraestruturas...

O BNG promove unha campaña para demandar ao Goberno melloras nas infraestruturas viarias de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denunciou o "estado de abandono" destas infraestruturas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG de Lugo iniciou unha nova campaña para reclamar o arranxo das estradas de titularidade estatal, baixo a lema ‘Arranxo xa das nosas estradas’. Faino ao considerar que se trata de “infraestruturas esenciais e estratéxicas para o desenvolvemento social e económico das comarcas de Lugo centro e Lugo sur”.

Respecto diso, afirma que “a situación actual de abandono de estradas e autovías como a A-6 ou as N-V, N-540, N-640 e N-120 pon en perigo a seguridade das persoas que transitan por elas de forma diaria”. Por iso, urxe ao Ministerio de Transportes a levar a cabo actuacións para mellorar o firme e un “adecuado mantemento”.

Acompañados polo deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, cargos institucionais do BNG nos concellos afectados — Taboada, Lugo, Guntín, Castro de Rei e Monterroso –, así como de cargos orgánicos e militantes, presentaron esta campaña, baseada en actos e recollida de firmas. Rego denunciou o “estado de abandono” destas infraestruturas, das que afirmou que “necesitan actuacións urxentes” dado, ademais, a circulación diaria polas mesmas.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...