InicioSucesosCondenado un home a cinco anos de cadea por abusar da súa...

Condenado un home a cinco anos de cadea por abusar da súa neta menor de idade en Lugo

O tribunal considerou probado que "aproveitaba a discapacidade que sufría a menor para levar a cabo, en varias ocasións, tocamentos sobre a roupa, no peito e as nádegas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco anos de cárcere a un avó por abusar da súa neta menor de idade. Ademais, impúxolle a prohibición de aproximarse á menor durante oito anos.

O tribunal considerou probado que “aproveitaba a discapacidade que sufría a menor para levar a cabo, en varias ocasións, tocamentos sobre a roupa, no peito e as nádegas”.

Indican que o condenado, que compartía domicilio co seu fillo e pai da menor, actuaba cando esta acudía a visitar ao seu proxenitor como consecuencia do convenio regulador subscrito con motivo do divorcio dos seus proxenitores.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...