InicioLugo e contornaSanidade destaca o "traballo pioneiro" de catro centros de saúde lucenses na...

Sanidade destaca o “traballo pioneiro” de catro centros de saúde lucenses na prevención do cancro de pescozo uterino

Comesaña cifra nun "94,1%" a negatividade das probas en Galicia en vésperas do Día Mundial da Prevención do Cancro de Cerviz.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, destacou este luns en Lugo o “traballo pioneiro” realizado por catro centros de saúde lucenses para a prevención do cancro de pescozo uterino coa posta en marcha dun programa de cribado en decembro de 2020 replicado nas “sete áreas sanitarias galegas”.

As declaracións de Comesaña tiveron lugar o día previo á conmemoración, este martes, do Día Mundial da Prevención do Cancro de Pescozo Uterino, no marco dunha visita realizada polo conselleiro en funcións ao centro de saúde da Praza do Ferrol de Lugo, un dos catro ambulatorios –xunto ao de San Roque, tamén na capital, o de Palas de Rei e o de Guntín– que puxeron en marcha o programa de cribado de cerviz, destacou Comesaña, “case en plena pandemia”.

En relación aos resultados do devandito programa, “implantado desde decembro de 2023” na totalidade das áreas sanitarias de Galicia, o conselleiro de Sanidade en funcións subliñou a adherencia ao mesmo “de máis do 52%” das mulleres convidadas e cifrou nun 5,6% a taxa de positividade na comunidade autónoma.

“Convidamos a case 90.000 mulleres e se falamos de toda Galicia no 94,1% dos casos o resultado foi negativo e só o 5,6% deu positivo. Se levamos os datos á área sanitaria de Lugo, falamos dun 93,77% de negativos e dun 6,23% de positivos”, revelou García Comesaña, para acto seguido precisar que tan só “13 mulleres foron diagnosticadas con cancro de cerviz” no marco do programa.

Tras a comparecencia ante os medios do conselleiro, que resaltou, a modo de conclusión, o “carácter poboacional do programa desenvolvido a partir da experiencia de Lugo”, tomou a palabra a matrona do centro de saúde, Esther Martínez Bécares, quen destacou o “labor educativo” paralelo realizado polas profesionais do centro coas mulleres que participan no programa de cribado.

“Con este novo programa que se propuxo implantar desde o Ministerio a nivel estatal imos un paso por diante da enfermidade. Non estamos a buscar lesións no pescozo uterino como se facía antes coas citoloxías, senón que xa estamos a buscar o causante”, finalizou Martínez Bécares á mantenta dun programa no que todas as mostras recollidas a nivel autonómico son procesadas no laboratorio de Microbioloxía do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

ÚLTIMAS

O lucense Alejandro Álvarez, ‘Mellor Condutor de Autocares 2025’ na categoría Mundo na feira ‘ExpoBus Iberia’

ExpoBus Iberia é unha feira de transporte de viaxeiros por estrada que tivo lugar...

Os concursos de dereitos mineiros caducados en Pontevedra e Lugo quedan desertos

Os concursos públicos impulsados pola Xunta para dereitos mineiros caducados nas provincias de Pontevedra...

Atrasos no tren A Coruña-Lugo tras a caída dunha furgoneta ás vías do tren en Begonte

A caída dunha furgoneta ás vías do tren na localidade lucense de Begonte provocou...

Morre un condutor nunha colisión entre dous coches e un camión en Lugo

Unha persoa faleceu na mañá deste venres en Lugo tras producirse unha colisión frontal...