InicioLugo e contornaLugoMovistar prohibe que milleiros de siareiros  poidan seguir o Obra-Breo nunha pantalla...

Movistar prohibe que milleiros de siareiros  poidan seguir o Obra-Breo nunha pantalla xigante

A asociación Lugo Monumental propuxo esta iniciativa logo de que o Obradoiro facilitase poucas entradas para os lucenses no encontro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación Lugo Monumental, cando se soubo que o Obradoiro non facilitaba máis que unhas poucas entradas aos siareiros do Breogán, pensou nunha iniciativa. Quería poñer unha pantalla xigante na Plaza de Santa María para vivir ese encontro tan especial coa afición lucense.

Segundo explican, o financiamento da pantalla estaba asegurado pola colaboración dos socios e non prevían ter problema de autorización por parte das autoridades municipais. Foi Movistar+ quen non permitiu esta iniciativa ao negarse a ceder os dereitos de emisión dos contidos.

Cando contactaron coa entidade, a resposta foi que a emisión nun lugar público de contidos que “son exclusivos dos canais de Movistar+” iría en contra dos intereses “dos seus clientes e abonados de locais públicos”. Desde Lugo Monumental lamentan enormemente esta circunstancia, que non poden cambiar.

A asociación lembra que noutras ocasións se atoparon cun problema similar á hora de querer pór a pantalla por partidos do CD Lugo ou outros equipos locais, xa que os dereitos de retransmisión soen ser privados e non os ceden, nin dan a opción de contratalos. A última vez que se puxo foi pola final da Champions e debeuse a que se retransmitíu por Televisión Española.

ÚLTIMAS

Besteiro asegura que Rueda non ten para as comunidades enerxéticas a “celeridade” que si “ten con Altri”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou o presidente da Xunta,...

A chuvia provoca que se adiante ao sábado os actos polo 25 aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O Concello de Lugo comunicou que adiantará para este venres a festa de celebración...

“Candeas” para iluminar os 106 puntos sen luz da Muralla de Lugo

O BNG reivindicou á Xunta que "garanta" o "bo estado" da iluminación da muralla...

Polémica no pleno provincial tras abandonalo o PP antes da votación dos orzamentos

Os 12 deputados do Grupo Provincial Popular abandonaron este martes o pleno provincial na...