InicioSociedadeUnha muller ferida tras envorcar co seu coche en Carballedo

Unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Carballedo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller necesitou ser trasladada a un centro hospitalario tras envorcar lateralmente co seu coche cando circulaba pola estrada N-540, á altura do quilómetro 63, ao seu paso pola Barrela, na parroquia de Caballedo.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 14,15 horas a través da chamada dun particular. Informaba que non sabía se había alguén atrapado no interior do vehículo.

Así, informouse do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Chantada, os cales explicaron que si había unha persoa atrapada no interior do vehículo, aínda que non foi necesaria a súa excarceración, xa que a ocupante puido abandonar o vehículo pola porta traseira coa axuda dos equipos de emerxencia.

Tamén foron informados os axentes da Garda Civil e os membros de Protección Civil de Carballedo. Finalmente, a persoa afectada foi trasladada polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...