InicioLugo e contornaLugo"Cibercarracho" incorpórase ao paseo das Palabras do Ano

“Cibercarracho” incorpórase ao paseo das Palabras do Ano

Rubén Arroxo: "A rúa Menorca se converteu xa nun atractivo turístico máis de Lugo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Cibercarracho acaba de incorporarse ao paseo das Palabras do Ano de Lugo. O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o responsable de Patrimonio e Cultura da Fundación Barrié, o académico correspondente Diego Rodríguez, visitaron esta mañá a rúa Menorca acompañados do tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro. No pavimento desta vía loce xa a voz elixida como Palabra do Ano 2024 na elección promovida pola RAG e a Barrié a través do Portal das Palabras.

O presidente da RAG agradeceu a iniciativa do Concello de Lugo de fixar na rúa Menorca as voces escollidas nas votacións populares promovidas a través dunha iniciativa da que destacou precisamente a participación cidadá. Víctor F. Freixanes sinalou ademais que a última, “cibercarracho” -neoloxismo de carácter coloquial que designa os ciberdelincuentes– é “proba da vitalidade do idioma”. “Exemplifica como dende o humor e a creatividade a lingua ten enerxía interna para darlles resposta ás novas realidades que nos toca vivir”, engadiu.

Rubén Arroxo explicou que co paseo das Palabras do Ano o Concello de Lugo segue a traballar na mellora da imaxe da cidade e, ao mesmo tempo, pon en valor “un símbolo tan importante como a lingua galega”. O tenente de alcalde asegurou ademais que a rúa Menorca se converteu xa nun atractivo turístico máis de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...