InicioSucesosCatro feridos en Lugo ao saír da vía o coche no que...

Catro feridos en Lugo ao saír da vía o coche no que viaxaban e chocar contra un noiro de terra e un sinal

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catro persoas resultaron feridos en Lugo este mércores ao saírse da estrada o coche no que viaxaban e chocar contra un noiro de terra e un letreiro indicador.

Segundo informou a Policía Local, esta pasada noite un equipo de Atestados do Corpo da Policía Local de Lugo desprazouse ao Camiño do Souto, onde se produciu o accidente de circulación. Polo choque, os catro pasaxeiros do vehículo resultaron feridos e foron trasladados ao HULA en dúas ambulancias do 061 para a súa atención médica.

INTOXICACIÓNS ETÍLICAS

Por outra banda, con motivo da celebración da festa da Carballeira, a Policía Local tivo que intervir en dous auxilios por intoxicación etílica.

Ao primeiro mozo atopárono tirado no chan cunha forte embriaguez, semi inconsciente e sen reaccionar ás preguntas que se lle facían. Por iso, colocárono en posición de seguridade e chamaron a unha ambulancia do 061 para o seu traslado ao HULA. O segundo atopábase en parecidas circunstancias, tamén no chan, semi inconsciente e sen resposta, e tamén foi trasladado ao HULA.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...