InicioLugo e contornaDetido un home en Outeiro de Rei por estafas en negocios de...

Detido un home en Outeiro de Rei por estafas en negocios de toda España

Xa pasou a disposición xudicial este xoves.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo este luns a un home en Outeiro de Rei con causas abertas por todo o país por supostas estafas a negocios e persoas con alto poder adquisitivo. Segundo confirmaron fontes próximas ao caso a Europa Press, o home xa pasou a disposición xudicial este xoves e quedou en liberdade, investigado por un delito de estafa.

Aínda que este suposto non carrexa pena de cárcere, no caso deste detido, esta causa sumaríase ás outras múltiples que ten abertas, polo mesmo motivo, en diferentes puntos de España como Ávila, Salamanca, Madrid ou Sevilla, e tamén Lugo. O home foi detido no establecemento hoteleiro de Outeiro de Rei no que levaba varios días aloxado.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...