InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo retirará as terrazas de locais que ocupen zonas...

O Concello de Lugo retirará as terrazas de locais que ocupen zonas de carga e descarga e prazas de aparcadoiro

A alcaldesa comunicou ao tecido hostaleiro que nas próximas semanas se lles trasladará o borrador da nova ordenanza municipal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, avanzou este martes á Asociación Provincial Apehl e a Lugo Monumental que nas próximas semanas trasladaralles o borrador da nova ordenanza municipal da colocación de terrazas que contempla, entre outras cuestións, a súa supresión en zonas de carga e descarga e prazas de estacionamento. Deste xeito, o Goberno local quere que o tecido hostaleiro da cidade poida estudar o documento e achegar suxestións que consideren oportunas para que sexa aprobado “en consenso” e que poida entrar en vigor “o máis pronto posible”.

“Todo o que nos trasladen será estudado minuciosamente para avaliar a viabilidade das súas propostas, sempre a favor de beneficiar ao interese xeral e permitir o desenvolvemento e crecemento económico dos negocios, pero tamén garantindo a accesibilidade e a seguridade viaria, así como a mellora estética das zonas nas que se concentran este tipo de instalacións”, detallou a alcaldesa. Entre algúns dos aspectos que avanzou a rexedora, suprimiranse as terrazas que na actualidade ocupan tanto zonas de carga e descarga como prazas de aparcadoiro.

Así, segundo trasladou o Concello nunha nota de prensa, Alvarellos manifestou que despois de catro anos da pandemia “é necesario iniciar un proceso de ordenación da utilización que os establecementos hostaleiros realizan do espazo colectivo”, xa que, argumentou, recibíronse queixas cidadás “advertindo dun excesivo aproveitamento que condiciona a mobilidade peonil e o tránsito rodado”.

UN BANDO NOS PRÓXIMOS DÍAS

Para reverter esta situación, a alcaldesa asinará un bando nos próximos días que suporá o comezo dun proceso regulador a través do cal se requirirá ás persoas titulares destes locais que, no prazo dun mes desde a súa publicación, procedan á retirada das terrazas instaladas en zonas de estacionamento e en zonas de carga e descarga.

Así mesmo, durante este período, os titulares dos establecementos interesados en obter a autorización correspondente para a instalación dunha terraza na vía pública poderán solicitala conforme a unha serie de condicionantes técnicos co obxectivo de garantir o libre acceso de persoas e vehículos de emerxencia para lograr o correspondente permiso de instalación.

As solicitudes poden presentarse ben telematicamente, a través da sede dixital do Concello, fisicamente, na Unidade de Mobilidade situada no edificio da Policía Local de Lugo.

LUGO MONUMENTAL APOIA A REGULACIÓN

Tras esta comunicación, a Asociación Lugo Monumental cualificou a reunión de “moi produtiva” e asegurou que comparte a “preocupación” mostrada polo Concello pola mobilidade persoal, algo que, recoñece, “ten que primar por encima de todo o demais”.

Desta forma, a asociación mostrou o seu apoio para que a instalación de mobiliario de terrazas respecte zonas de paso peonil e demais requisitos, xa que “é indiscutible a súa necesidade”. Con todo, Lugo Monumental sinalou que non se pronuncia sobre a ocupación de prazas de aparcadoiro por parte de terrazas porque no ámbito de actuación da asociación, o centro histórico, non hai ningunha nesa situación.

ÚLTIMAS

A Garda Civil alerta dun aumento de estafas con criptomonedas en Lugo, que suman 2,5 millóns

A Garda Civil detectou na provincia de Lugo un aumento de estafas por aparentes plataformas web...

Ana Miranda entrega un informe sobre Altri a Teresa Ribera para que coñeza “os argumentos en contra” da planta

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, entregou á candidata a vicepresidenta executiva da Comisión...

Valos publicitarios do PP contra o goberno de Lugo: “PSOE e BNG vanche subir os impostos para o seu malgasto”

O PP de Lugo colocou dous valos publicitarios co slogan "PSOE e BNG vanche...

Detidos dous homes por violencia de xénero en Lugo

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do domingo a dous homes por violencia de xénero,...