InicioSociedadeCorte parcial na LU-P-2408 en Guntín por afundimento do firme e segue...

Corte parcial na LU-P-2408 en Guntín por afundimento do firme e segue a limpeza na LU-P-4103 en Pantón

PUBLICADA O

- Advertisement -

A estrada provincial LU-P-2408 foi cortada ao tráfico parcialmente tras o afundimento do firme pola crecida do río no termo municipal de Guntín, segundo informaron fontes da Deputación de Lugo. Polo momento pechouse á circulación nun dos carrís da vía e polo outro debe circularse con precaución.

Técnicos da institución provincial desprazáronse á zona para comprobar o estado da estrada e traballan na “valoración das obras necesarias” para reparar os danos, ocasionados polas intensas choivas e a crecida do curso fluvial. Mentres, a estrada LU-P-4103 en Ribas de Sil quedou reaberta ao tráfico a media mañá deste luns, despois das restricións causadas por un derrube de terras provocado polas intensas choivas dos últimos días.

O derrube produciuse este domingo, á altura do quilómetro 12 desta vía, que une San Estevo e Pantón, e pechouse a estrada ao tráfico, habilitándose desvíos alternativos. Con todo, desde a Deputación confirmouse que, a última hora deste domingo xa puido habilitarse un dos carrís, e na mañá deste luns, tras os labores de limpeza, puido restablecerse a circulación por completo.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...