InicioA UlloaA Plataforma Ulloa Viva cualifica de "desastre ambiental" o proxecto de Altri...

A Plataforma Ulloa Viva cualifica de “desastre ambiental” o proxecto de Altri en Palas de Rei

Acusa á Xunta de "defender o indefendible" ao xustificar a captación de "46 millóns de litros de auga ao día" do encoro de Portodemouros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Ulloa Viva denunciou este xoves a través dun comunicado que o proxecto para a instalación da fábrica de fibras téxtiles da empresa Altri en Palas de Rei representa “un desastre ambiental” e acusou á Xunta de Galicia de “defender o indefendible” ao xustificar a captación de “46 millóns de litros de auga ao día” do encoro de Portodemouros por tratarse dun “proxecto tractor” para a economía. “Soamente o feito de que unha empresa capte tal cantidade de auga xa vai contra o medio ambiente porque non é posible manter o ecosistema sen esa inxente cantidade de auga”, valorou respecto diso a portavoz da plataforma, Marta Gontá.

A reacción da Plataforma Ulloa Viva produciuse tan só un día despois de que este mércores a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, defendese os criterios ambientais do proxecto da multinacional lusa –actualmente en exposición pública– e afirmase que o “volume de auga” extraido do encoro será “reutilizado”.

“O proxecto exposto pola Xunta deixa claro que Altri vai a verter ao Ulla 30 millóns de litros de auga a dous quilómetros da zona de captación. Eses 30 millóns de litros son unha vertedura de auga contaminada, tratada pero contaminada”, denuncian desde a plataforma, antes de afear ao Executivo autonómico a súa “falta de información e transparencia” cos veciños e veciñas da comarca sobre “a dimensión do desastre ambiental que Altri quere perpetrar na Ulloa”.

A Plataforma Ulloa Viva, que expresou tamén a súa preocupación pola “contaminación atmosférica” que a actividade da fábrica pode provocar no territorio, lamentou, en palabras do seu portavoz, que a Xunta poña, en relación ao proxecto de Altri, “os criterios económicos por encima da protección do medio ambiente e a saúde da cidadanía”.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...