InicioMovementos sociaisLugo encabeza en seguimento a folga dos traballadores de Correos

Lugo encabeza en seguimento a folga dos traballadores de Correos

CC.OO. fixa no 72 por cento o seguimento da folga de Correos na provincia de Lugo e mantén o calendario de protestas para decembro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo é a máis afectada polos paros dos traballadores de Correos, que reclaman melloras nos salarios, nos dereitos laborais e no número de empregados para ofrecer un servizo de calidade. Son 3.500 as persoas convocadas a folga en Galicia por UGT, CISF e CC.OO., que calcula que cifra o seguimento entre un 65 e un 70 por cento de media, segundo recolle GaliciaConfidencial.

O voceiro de Comisións, José Antonio Pensado, declarou a Europa Press que a provincia de Lugo rexistra o maior seguimento no paro, cun 72 por cento. Os datos máis elevados son os das unidades especiais de Vigo e Pontevedra, que secundaron a folga na totalidade, e ata un 80 por cento na quinta sucursal da cidade olívica. Por contra, o menor apoio é o da provincia de Ourense, malia o peche de varias das centrais de Correos.

As demandas dos sindicatos

Os tres axentes sociais citados, máis o Sindicato Libre, decidiron este xoves manter a folga ao entender que a última proposta de Correos era “irrisoria”. Demandan a incorporación de 15.000 empregados en toda España, recobrar o poder adquisitivo perdido durante a crise –un 9 por cento– e melloras na calidade do servizo. Á espera de melloras nas condicións laborais, manterán o calendario de folgas de decembro, que contempla paros nas festas de Nadal, os días 21 e 26 de decembro.

Esta medida procura presionar á compañía no período de máis actividade, polos envíos de regalos durante as ofertas dos comercios maioristas. Correcos estima que a xestión medra un 34 por cento con respecto á media anual durante novembro, e ata un 25 por cento no mes de decembro, polo que ten programados reforzos de efectivos e vehículos.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...