InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaA neve e a choiva dificultaron este domingo a circulación nas estradas...

A neve e a choiva dificultaron este domingo a circulación nas estradas de 10 concellos de Lugo

Tras intensos traballos durante a mañá, quedou aberta toda a rede viaria da provincia pola tarde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo activou este domingo un operativo para facer fronte aos efectos da neve e das choivas nas estradas provinciais de 10 concellos afectados. Segundo informou o ente provincial, na tarde desta xornada quedou aberta a totalidade da rede viaria da provincia tras unha mañá de intenso traballo.

Os concellos máis afectados pola neve foron os de Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá, Baleira, Triacastela, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Quiroga. A Garda Civil, á primeira hora deste domingo, tamén tivo que intervir, por motivo da neve, atendendo aos peregrinos que saíron de O Cebreiro a Triacastela.

Pola súa banda, en Mondoñedo, á altura da parroquia de Santa María Maior, a LU-P-3103 afundiuse polas intensas choivas e a Deputación traballa para solucionar a incidencia no menor tempo posible.

O operativo da institución provincial despregou a 48 operarios e 32 máquinas e vehículos, dispondo dos 12 silos de sal abastecidos con 35 toneladas cada un.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...