InicioAncaresCervantes rexistra ata 20 centímetros de neve nunha xornada na que a...

Cervantes rexistra ata 20 centímetros de neve nunha xornada na que a Deputación despexa as estradas

Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá, Triacastela e a parte alta de Quiroga, foron os concellos máis afectados pola neve no día de hoxe.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Cervantes foi un dos máis afectados na provincia de Lugo pola neve nunha xornada na que a Deputación mantén activo un operativo para despexar as estradas.Esta fin de semana as montañas de Lugo e Ourense permanecen en aviso amarelo por acumulacións de neve de 15 centrímetros en 24 horas, segundo a información de Meteogalicia.

Conforme informou a Deputación de Lugo, os concellos máis afectados na mañá deste sábado foron os de Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Becerreá, Triacastela e a parte alta de Quiroga. En concreto, alcanzáronse espesores medios de 8-15 centrímetros de neve acumulada, chegando nalgún punto do municipio cervantino aos 20 centímetros.

Así as cousas, a institución provincial destacou que traballa desde primeira hora deste sábado para despexar a neve nas estradas máis afectadas polas nevadas das últimas horas. Nestes momentos pódense circular pola totalidade dos viarios da provincia, aínda que de forma interminente nesta tarde, polo que o operativo está activo para actuar ante calquera incidencia que se detecte e que impida a circulación.

O operativo, conformado por 48 operativos e 32 máquinas e vehículos, volverá saír á primeira hora da mañá do domingo para facilitar a mobilidade e seguridade da rede viaria provincial. Ademais, os 12 silos de sal da institución provincial dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios.

Precisamente, segundo a información da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) a circulación é irregular entre os quilómetros 438, ao seu paso por Noceda (Lugo) e o 432, en Pedrafita, polas nevadas. Ademais, está prohibido o paso de camións e vehículos articulados. Os camións tampouco poden circular entre o quilómetro 0 e o 30 da Lu633, entre Pedrafita e Queixadoiro.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...