InicioLugo e contornaA neve complica a circulación e corta o paso de camións na...

A neve complica a circulación e corta o paso de camións na A-6 desde Portela de Valcarce a Pedrafita

PUBLICADA O

- Advertisement -

A neve caída nas últimas horas complica a circulación e corta o paso de camións e articulados na A-6 desde Portela de Valcarce, en León, a Pedrafita do Cebreiro.

Segundo advertiu a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a circulación é irregular desde o quilómetro 418 en Portela de Valcarce ata o 431 en Pedrafita, en sentido crecente da kilometración. A circulación tamén é irregular nesta vía, na A-6, desde o quilómetro 438 en Noceda ao 432 en Pedrafita, sentido decrecente da circulación cara a Madrid.

Pola súa banda, na LU-633 recomendaron transitar con precaución desde o quilómetro 0 en Pedrafita ata o 20 en Queixadoiro, en ambos os sentidos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...