InicioLugo e contornaLugoA Garda Civil desarticula un grupo criminal que se dedicaba a roubar

A Garda Civil desarticula un grupo criminal que se dedicaba a roubar

En establecementos comerciais e en vivendas habitadas en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil desarticulou un grupo criminal composto por cinco persoas que se dedicaban a roubar en establecementos comerciais e en vivendas habitadas en Lugo. En concreto, no marco da terceira fase do operativo, os axentes detiveron a tres persoas acusadas de roubo con forza en establecementos comerciais e un delito de furto en vivenda habitada.

A banda organizada estaba composta por un total de cinco persoas, con idades comprendidas entre os 22 e os 47 anos, fincadas na capital lucense. Centraban a súa actividade delituosa nas localidades de Portomarín, Paradela, Guntin e Palas de Rei.

Ao grupo incautáronselle nos meses de verán do pasado ano xoias, diversa maquinaria, tabaco e diñeiro en efectivo procedente dos roubos. Dous dos integrantes desta banda atópanse en prisión e, coa detención do tres membros restantes, dáse por desarticulado este grupo criminal.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...