InicioLugo e contornaLugoO morcego máis grande atopado en Galicia, rexistrado nas Insuas do Miño

O morcego máis grande atopado en Galicia, rexistrado nas Insuas do Miño

O achado foi nunha visita dun grupo de escolares de 5º de Primaria do colexio Andaina da Coruña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O morcego máis grande atopado en Galicia rexistrouse nas Insuas do Miño, trátase dunha femia de nóctulo grande, unha especie migratoria que ten a marca de distancia de migración para esta especie en Europa.

Así o informou a Deputación de Lugo que, como propietaria das Insuas do Miño, financia os traballos de estudo e seguimento desta especie que desenvolve desde o ano 2015 Morcegos de Galicia, en colaboración coa Asociación Galega de Custodia do Territorio.

O achado foi nunha visita dun grupo de escolares de 5º de Primaria do colexio Andaina da Coruña, que visitaron o lugar para coñecer o proxecto. Na revisión realizada por Morcegos de Galicia e o colexio Andaina atoparon un pequeno grupo, formado por un macho e dúas femias, nunha caixa do refuxio.

SEMANA SANTA DE VIVEIRO

Por outra banda, a institución provincial detallou que colabora coa Semana Santa de Viveiro cunha achega de 25.000 euros, desde o “convencemento” de que é “unha obrigación” para conservar o patrimonio e as tradicións.

“Unha herdanza moi rica que temos que manter viva, pero tamén unha fonte de desenvolvemento para Viveiro e para o resto da comarca e da provincia”, detallou a deputada provincial pola comarca da Mariña, Carmela López.

+ posts

ÚLTIMAS

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...